Friday 29 de March de 2024

O alcalde visitiou o primeiro tramo de La Marina aberto ao público, un proxecto que devolve a “soberanía aos cidadáns” e permite “recuperar o patrimonio” da cidade


Son 12.000 metros cadrados no ámbito da Autoridade Portuaria e o edificio de Correos

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, visitou o primeiro tramo de La Marina que se abriu aos cidadáns. Son 12.000 metros cadrados -o 40% da superficie final deste proxecto- que se suman aos 25.000 que xa poidan gozar coruñeses e turistas na zona do Parrote. Con este proxecto de reurbanización, o rexedor destacou que se devolve a “soberanía aos peóns”, ao tempo que recuperar o patrimonio” da cidade, creando unha nova ruta cultural que chega ata a Torre de Hércules.
“Con este proxecto devolvemos a soberanía aos cidadáns no corazón da cidade. Permítenos contactar co mar e recuperar o patrimonio da nosa cidade, como estamos a facer a través do Plan de Murallas, creando unha nova ruta cultural que conecte
O Parrote e La Marina coa Torre de Hércules”, destacou o alcalde durante a súa visita ao primeiro tramo que se abriu en La Marina. En total, son 12.000 metros cadrados no ámbito da Autoridade Portuaria, o edificio de Correos e Palexco.
“É o 40% da superficie de La Marina, 12.000 metros cadrados que se devolven aos coruñeses. Ao longo das próximas semanas abriranse o resto de tramos do proxecto de reurbanización. EntreLa Marina e O Parrote, recuperamos máis de 55.000 metros cadrados, ademais de eliminar o tránsito de máis de 30.000 vehículos diarios en superficie, duplicar os xogos infantís e plantar un 50% máis de árbores dos que existían, engadiu
Carlos Negreira.
O alcalde da Coruña aproveitou a visita a La Marina para agradecer a colaboración que o Concello tivo do resto de administracións públicas -Autoridade Portuaria, Ministerio de Fomento e Xunta de Galicia- para facer realidade este proceso de reurbanización que comezou no Parrote e que se culminará nas próximas semanas coa apertura do resto de tramos de La Marina. “En catro anos fomos capaces de resolver non só o proxecto do Parrote, que outros non foron capaces, senón que tamén o de
A Mariña, cunha superficie total entre ambas as dúas actuacións de máis de 55.000 metros cadrados,” concluíu Negreira.